Meigasfora
    A verdade é que non fostes moi xenerosos este curso agasallándonos coas vosas letras, en cantidade, pero está a cousa compensada coa calidade amosada. Álvaro Romero é o inspirado autor dos tres primeiros textos, sen desperdicio: poesía, prosa e crítica. Moitas grazas Álvaro. 

POEMA PARA ELA

Picture
Bicareite mentres teña alento.

Acariciareite ata onde alcancen os dedos.

Cantereite ata o momento da aurora.

Mirareite para descubrir amapolas e,

para cando te vexa durmida

soñareite cómo cando eras unha nena.

Vou contigo

descubriremos camiños.

Ven comigo

seremos vellos peregrinos.

Camiñáremos xuntos da man.

Renunciaremos ao escuro pasado.

Non medraremos

seremos sempre pequenos.

Entregaraste ata o lonxe do alleo.

Aceptareite porqué sempre serás a miña dona.


Adicto á tinta

Picture
    Escribo sempre e considero moi importante escribir. De poder dar un consello  – non debo facelo!-  diriavos a todos: ESCRIBE. Sexa unha carta, un diario, un grafiti; mentres  fales por teléfono, ESCRIBE, mentres esperas polo sono, ESCRIBE. Cando camiñes escribe coa imaxinación pero, ESCRIBE.
   
    Se queres entenderte e entender o teu lugar na vida: ESCRIBE (palabras de tolo).
    
    Procura colocar o teu pensar, o teu ser, o teu desexar por escrito, aínda que ninguén o lea – ou o que é peor, aínda que alguén remate lendo o que ti non queres que lea .    
    
    O simple feito de escribir axúdanos a organizar os pensamentos e ver con claridade o que nos rodea. Lapis e tinta fan milagres, curan dores, consolidan soños, levan e traen esperanzas perdidas.

     Para escribir, como dixo un amigo meu, só necesitas  “o mar, o mar e non pensar en nada”. 

     Que aproveite, pero que non vos pille o mono de tinta.


O cóctel de Apolo

Picture
    Alá polos anos sesenta, o deus Apolo, farto xa da monotonía musical imperante, abriu a súa cocteleira e mesturou o Rhytm and Blues dos cincuenta, uns fortes grolos de jazz acompañándoas das xeniais percusións de Stravinsky, e como calquera licor que se note: Rock and Roll.

    Cando estivo fermentado o suficiente para o padal dos mortais, estes, embriagados ante tal dose de calidade decidiron chamalo Frank Zappa.

    Compositor, guitarrista, productor discográfico, director de cine… Xenial. Sen desviarse da norma é imposible o progreso” dixo no seu día o artista. Autodidacta, define o tabaco como o seu vexetal favorito, sempre crítico cos xeralismos sociais e ten unha guitarra que quere matar á túa nai. Unha besta destilada dun deus.

    Todo isto, por se vos interesa…